Site Home  »  Inicio

Inicio

Tags:  


INICIO

O Mapa de Recursos é unha ferramenta de axuda tanto para o persoal técnico, coma para os emprendedores ou a poboación traballadora en xeral. Nesta guía recóllense todos os medios e servizos cos que conta o Pacto Territorial de Emprego do Salnés en materia de emprego.

A información dispoñible agrupase en catro apartados:

Recursos para o emprego: no que se da conta de todos os servizos dispoñibles para a formación, inserción e orientación laboral promovidos dende as administracións públicas.

Recursos para as empresas: recolle información necesaria para a planificación do proxecto e posta en funcionamento dunha empresa, dende o asesoramento para o plan de empresa, ata canles de financiamento ou posibilidades de solo industrial.

Recursos sociolaborais: inclúense aquí información referente a entidades de atención a colectivos especiais, asociacións sindicais, ou servizos e infraestruturas para a conciliación da vida familiar e laboral.

Outros recursos: abarca a análise de entidades de desenvolvemento económico local, coma as Mancomunidades, Grupos de Acción Costeira ou Grupos de Desenvolvemento Rural.





 RSS of this page